Wednesday 15 de May de 2024

Máis de 2.000 mozos e mozas participan nas actividades municipais de concienciación do 25-N


O Concello organizou ao longo desta semana diversos obradoiros participativos nos institutos arredor das violencias sexuais, o consentimento e o porno, co obxectivo de reflexionar e fomentar unha análise e pensamento críticos. Tamén se instalaron puntos violetas.

Pasaron polos puntos violeta 2.124 alumnos e alumnas, e participaron nos obradoiros realizados un total de 268. Só con intervención, sensibilización e concienciación desde as infancias e adolescencias poderemos rematar de forma contundente coa lacra da violencia contras as mulleres.